Hollow Knight: Silksong recibirá unha expansión de balde en 2026
martes, 16 de decembro do 2025
O estudio australiano Team Cherry fixo balance do lanzamento de Hollow Knight: Silksong coincidindo co peche do seu ano de estrea e aproveitou para adiantar boa parte dos seus plans de futuro, cunha expansión gratuÃta xa en desenvolvemento, unha versión renovada de Hollow Knight para Nintendo Switch 2 e múltiples melloras técnicas que chegarán a todas as plataformas ao longo de 2026.
Aseguran que Silksong superou xa os sete millóns de copias vendidas, aos que se suman millóns de xogadores máis a través de Xbox Game Pass, cantidade que cualifican de impresionante e moi por riba das súas expectativas iniciais, ata o punto de provocar problemas de acceso nas tendas dixitais no momento do lanzamento. Team Cherry destacou tamén o crecemento da comunidade, a creatividade arredor do xogo e o apoio entre os propios xogadores como un dos grandes motores para seguir ampliando a experiencia. Boa mostra deste éxito é o recoñecemento que Silksong recibiu nos The Game Awards, onde triunfou na categorÃa de mellor xogo de acción e aventura, superando a tÃtulos como Death Stranding 2 ou Indiana Jones y el CÃrculo de Oro.
Nese contexto sitúase a primeira gran expansión de Hollow Knight: Silksong, que xa está en marcha. Trátase dun contido adicional de temática mariña, con novas áreas, xefes, ferramentas e desafÃos, que será de balde para todos os usuarios. O estudio mantén polo de agora en segredo os detalles concretos, aÃnda que confirmou que se publicará en 2026 baixo o tÃtulo Hollow Knight: Silksong – Sea of Sorrow e que ofrecerá máis información nos meses previos ao seu lanzamento.
Paralelamente, Team Cherry anunciou que está a traballar nunha versión actualizada de Hollow Knight para Nintendo Switch 2. Esta edición incorporará todas as melloras técnicas que Silksong recibiu na nova consola, como modos de alta taxa de fotogramas, resolucións máis elevadas e efectos gráficos adicionais. Os xogadores que xa posúan o xogo orixinal en Nintendo Switch poderán descargar esta nova edición de balde cando chegue ao mercado en 2026.
Antes diso, o estudio ten previsto actualizar todas as versións actuais de Hollow Knight, engadindo novas funcións e correccións de erros. No caso de PC, boa parte destas melloras xa están dispoñibles a través das ramas públicas de proba en Steam e GOG, incluÃndo compatibilidade total con relacións de aspecto 16:10 e 21:9, pensadas tanto para Steam Deck como para monitores ultrapanorámicos.
Como complemento ao lanzamento de Silksong, Team Cherry presentou tamén unha nova colección de mini-figuras protagonizadas por Hornet e outros personaxes do xogo, deseñadas por Alex (Studio Tyto) en colaboración con Fangamer. As figuras xa se poden reservar, tanto de xeito individual como en conxunto.
VÃdeo de adianto de Hollow Knight: Silksong – Sea of Sorrow
