Huawei incorpora dobre cámara traseira no Honor 6 Plus

venres, 2 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

Huawei continúa a fornecer a súa marca Honor, a contribuíndo á boa acollida do Honor 6, comeza a comercialización do Honor 6 Plus, smartphone que podemos atopar actualmente a 399 dólares (331 euros), o que é un prezo bastante axustado polas súas elevadas prestacións, pero que sorprende principalmente pola súa revolucionaria dobre cámara traseira.
Temos así que o Honor 6 Plus, en vez de presumir de cámara de 13 Mpíxeles, opta por incorporar 2 cámaras de 8 Mpíxeles con BSI e dobre flash LED. Unha das cámaras ten unha apertura de f/2.0 e enfoque automático mentres que a outra conta cunha apertura de f/2.4 e un foco fixo, de xeito que poden combinarse para conseguir distintos efectos e facilitar unha velocidade de enfoque extraordinariamente rápida.
O Huawei Honor 6 Plus funciona cun procesador HiSilicon Kirin 930 de oito núcleos a 1,8 GHz, gráfica Mali-T628, 3 Gb de RAM, 16/32 Gb de almacenamento interno, pantalla Full HD de 5,5 polgadas, conectividade 4G, cámara frontal de 5 Mpíxeles, NFC e batería de 3.500 mAh (que promete unha boa autonomía ao facer uso das tecnoloxías CABC e DRAM que conseguen optimizar o consumo enerxético da súa pantalla). O seu grosor é de só 7,5 milímetros, pesa 165 gramos e funciona con Android 4.4 coa capa gráfica EMUI 3.0.

O Honor 6 Plus presenta unha pantalla de 5,5 polgadas e un grosor de só 7,5 milímetros

PUBLICIDADE