Huawei prepárase para competir co Samsung Galaxy Z Flip3
xoves, 16 de decembro do 2021
Aínda que Huawei xa tiña unha liña de smartphones encartables
cun formato semellante aos Samsung Galaxy Z Fold, a edición chinesa da revista Harper’s
Bazaar publicou imaxes do futuro Huawei P50 Pocket, que vén a ser un smartphone
encartable co formato do Samsung Galaxy Z Flip3, do que diferénciase claramente
no deseño da súa traseira, na que en vez de incluír un rectángulo coas cámaras
e unha pequena pantalla rectangular, inclúe dous círculos para cámaras e
pantalla, conseguindo así unha aparencia moi recoñecible.
Como acontece cos Flip de Samsung, o Huawei P50 Pocket terá como atractivo o
seu factor de forma, que facilita o seu transporte cando non está en uso, e o
feito de que co móbil pechado é posible empregarse a súa cámara principal para
disparar selfies valéndose da pequena pantalla integrada na traseira.
Está previsto que o novo smartphone se presente oficialmente en China o 23 de
decembro, cando se coñecerán os seus detalles técnicos, aínda que o máis
salientable do produto é que parece quedar claro que o formato de cuncha en
móbiles con pantalla encartable está a resultar un grande éxito comercial,
especialmente entre o público feminino, de aí que Huawei lance o seu produto
coa vista posta no mundo da moda.
- Huawei enfoca claramente este lanzamento ao público feminino, que parece ser o que mellor acolle os smartphones encartables de tipo cuncha