Huawei presenta os seus novos móbiles insignia
mércores, 15 de abril do 2015
O fabricante chinés Huawei continúa a apostar por mellorar a
súa posición internacional no segmento dos smartphones de alta gama, para o que
presentan o seu novo
Huawei P8, o novo buque insignia da compañÃa que goza dun deseño moi
coidado, un acabado de grande calidade, conectividade 4G, soporte para dúas
tarxetas SIM, un grosor de só 6,4 milÃmetros e unha traseira de aceiro, de
xeito que podemos situalo con tranquilidade entre os últimos smartphones de
moda, dos que difire principalmente no seu procesador, xa que Huawei optou por
introducir no seu novo smartphone un Kirin 930 de 64 bits e 8 núcleos, que
promete un bo desempeño e un baixo consumo (tirando un grande proveito da súa
baterÃa de 2.680 mAh).
A súa pantalla é Full HD de 5,2 polgadas, entre os seus
accesorios ten unha cuberta que integra unha pantalla de 4,3 polgadas de tinta
electrónica (que amosa información como a axenda, o tempo e a hora mantendo
unha boa autonomÃa e permitindo a súa lectura en exteriores, e que tamén
poderÃa aproveitarse como lector de libros electrónicos), o seu micrófono conta
con tecnoloxÃa de redución de ruÃdo capaz incluso de eliminar o molesto efecto
do vento até un 90% e conta cun recubrimento que o fai resistente a
salpicaduras.
Un dos puntos fortes do terminal será a súa cámara de 13 MpÃxeles, pero non precisamente
pola súa resolución, senón polo seu estabilizador óptico de imaxe, un sensor de
catro cores que consegue mellorar o brillo un 32% en situación de alto
contraste, procesador de imaxe para a redución de ruÃdo, 4 modos profesionais
de disparo con pouca luz, modos de disparo artÃsticos, completas funcións para
a gravación de vÃdeo e, como detalle significativo, que pese a estar integrada
nun terminal de só 6,4 milÃmetros de grosor, a cámara non sobresae fisicamente como acontece con smartphones como o
iPhone 6.
Venderase en varias cores (prata, ouro, negro e gris) nunha versión básica (con 16 GB de almacenamento interno) a un
prezo de 499 euros, contando tamén cunha versión Premium (con 64 GB) a 599 euros.
Pero este non é o único smartphone presentado hoxe, senón que tamén deuse a
coñecer o rechamante Huawei P8max,
que herda a meirande parte de prestacións do seu irmán menor ao grande, xa que
eleva o seu tamaño de pantalla até as 6,8 polgadas, e súa baterÃa até os 4.360
mAh, de xeito que resulta difÃcil de distinguir dunha tableta de pequeno
tamaño. O seu grosor queda en 6,8 milÃmetros, e o seu prezo será de 549 euros
para o modelo básico (con 32 GB de almacenamento interno) e 649 euros para a súa versión Premium (con 64 GB de almacenamento interno).
Un detalle a salientar de ambos terminais é que, en vez de comercializarse co apelido Ascend, finalmente chegarán ao
mercado baixo a marca pura de Huawei,
o que poderÃa indicar unha nova polÃtica de distribución internacional da
compañÃa (que até hai pouco achegaba varios dos seus smartphones baixo a marca
Honor para fuxir da súa marca principal en Europa).
- Unha funda permite engadirlle ao Huawei P8 unha pantalla secundaria de tinta electrónica
- Os prezos dos novos smartphones de Huawei van en relación ás prestacións e ao tamaño