IBM velará polo óptimo rendemento da plataforma tecnolóxica de Caixanova
luns, 5 de febreiro do 2007
Caixanova quere reforzar no posible todo o que estea relacionado coas novas tecnoloxÃas no eido da propia entidade financeira: tanto de cara á xestión interna coma no que se refire ós servizos nas redes ós seus clientes. Nesta liña é na que se sitúa o contrato asinado este luns 5 de febreiro con IBM en Vigo: na liña de ampliar as capacidades informáticas da empresa galega. No acto de formalización do acordo estiveron presentes Amparo Moraleda, presidenta de IBM España e Julio Fernández, presidente de Caixanova, que deron a coñecer algúns detalles sobre a natureza dos servizos que a multinacional tecnolóxica vaille achegar á financeira galega: servizos que consistirán basicamente na xestión da infraestrutura tecnolóxica central e na prestación de servizos de continuidade e recuperación de negocio.
Máis polo miúdo, o contrato (valorado en 70 millóns de euros), ten os seguintes grandes obxectivos:
· Optimizar o funcionamento da súa plataforma tecnolóxica e evitar a perda de información no caso que aconteza unha incidencia.
· Mellor a calidade do servizo.
· Reducir e controlar os custos da xestión da plataforma tecnolóxica durante os anos de vixencia do contrato.
· Concentrar os recursos humanos dedicados a actividades tecnolóxicas en actividades de meirande valor engadido (aplicacións de software operacional e de xestión, implantación de novas tecnoloxÃas, xestión da información e o coñecemento).
· Meirande innovación.
· Meirande axilidade para responder ós cambios de mercado.
