IDC prevé que os equipos convertibles continuarán a roubar mercado ás tabletas
luns, 6 de marzo do 2017
Nos últimos anos a informática persoal experimentou uns
importantes cambios de tendencias, de xeito que os ordenadores de sobremesa
foron perdendo peso, á vez que xurdiron as tabletas, que incluso ocuparon un
espazo normalmente ocupa por ordenadores portátiles, pero tras unha época de
revulsión o sector parece estar a marcar a senda que vai seguir nos vindeiros
anos, e dende IDC apuntan a que nos vindeiros cinco anos continuará a tendencia
baixista na venda de equipos (no seu conxunto), de xeito que dos 435 millóns
actuais a finais de 2021 venderÃanse 418,2 millóns.
Pero dende IDC si apostan por un interesante cambio no mercado, rexistrado nos
últimos meses, no que estarÃa a frear a venda de portátiles grazas á emerxencia
os equipos ultradelgados e convertibles, mentres que as tabletas puras están a
caer estrepitosamente. Deste xeito temos que IDC considera que
no futuro os equipos convertibles non erosionarán a venda de portátiles
ordinarios, senón que absorberán parte do mercado das tabletas, xa que son
equipos máis versátiles que non están unicamente destinados ao consumo de
contidos, á vez que gozan dunha maior comodidade. Podemos percibir asà como
moitos fabricantes están a apostar ultimamente por Windows 10, cada vez más
presente en pantallas táctiles.
IDC confÃa en que os convertibles serán os equipos dominantes en 2021, mentres
que as tabletas continuarán a caer, mentres que os ordenadores tradicionais manterán unha cota de mercado moi
semellante á actual.
