IKEA estrea un cargador sen fíos tan orixinal como práctico

venres, 12 de decembro do 2025 Marcus Fernández

A compañía sueca IKEA leva anos incorporando cargadores sen fíos no seu catálogo, tanto como produtos independentes como integrados en lámpadas e outros produtos para o fogar, e nos EE.UU. está a escribir un novo capítulo desta historia coa estrea do cargador sen fíos Västmärke, que sorprende coa súa forma de dónut de suave silicona de cor vermella, que vende a un prezo bastante atractivo (9,99 dólares).
Este cargador sen fíos non só é rechamante pola súa forma e cor, senón tamén polas súas funcionalidades, xa que a súa forma facilita enrolar o seu cable de carga no seu interior para levalo de viaxe (evitando que se enrede ou se perda nos desprazamentos) e tamén facilita un bo agarre cando se uso un smartphone durante a súa carga, algo do que poucos cargadores por indución poden dicir.
Este cargador conta con certificación Qi 2.0 BPP e MPP e cumpre coa norma PD 3.0 e QC 2.0, polo que é compatible cos móbiles de alta gama máis populares.

Poder suxeitar de xeito cómodo e seguro o móbil mentres se carga é unha das vantaxes do novo cargador de IKEA