Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Improving Metrics mide cos sorrisos dos asistentes o custo dun evento seu na Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Improving Metrics mide cos sorrisos dos asistentes o custo dun evento seu na Coruña

Redacción
Publicado: 19/09/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

improving_metrics-2.jpgImproving Metrics, empresa tecnolóxica especializada en analítica de datos e Intelixencia Artificial, vén de desenvolver un software que, instalado en diferentes cámaras, permite estimar os estados de ánimo das persoas e establecer o seu rango de idade e xénero. Este sistema, tal e como anunciamos os días pasados dende Código Cero, empregouse este martes no evento Improving Minds para medir os sorrisos do público. O actor Manuel Chacón e o cómico Perico Rober foron os encargados de mudar a expresión facial dos asistentes para poder extraer información, como analizar as brincadeiras e se estas tiveron mellor acollida en homes ou en mulleres.
improving_metrics_1_.jpgO evento, que se celebrou na sede da Fundación Paideia na compaña de Google, serviu como dixemos para mostrar o potencial do sistema de visión artificial e do software desenvolvido pola propia firma da Coruña e “integrado” en diversas cámaras (tecnoloxía RSO, Smile Rate Optimization). Esta ferramenta informática permite estimar os estados de ánimo das persoas e establecer o seu rango de idade e xénero.
Javier Consuegra, encargado do desenvolvemento de negocio de Improving Metrics, levou a cabo a análise dos datos do evento, desde o número de homes e mulleres asistentes (28 mulleres e 36 homes) ata os datos da campaña de mercadotecnia e do evento (co fin de calcular “o custo da felicidade de Improving Minds”, que segundo a empresa galega resultou ser de 4,9 euros por sorriso). A compañía tamén lembrou que coa cita deste martes mediuse por vez primeira o éxito dun evento pola felicidade dos asistentes.
improving_metrics_2_.jpg O software destas cámaras, que segue un modelo de redes neuronais, é quen de clasificar, recoñecer patróns e medir distintos estados de ánimo, como tristura, ledicia, sorpresa ou decepción.
Os relatores de Google, Déborah Fernández e o coruñés Jaime Perujo, mostraron as posibilidades de medición e personalización de Google Mercadotecnia Platform, a nova plataforma que facilita a tarefa de analizar os resultados de mercadotecnia e coñecer a experiencia do usuario online.
Pola súa banda, Jesús Echarri, director executivo de Improving Metrics, achegou datos do futuro tecnolóxico que está por vir, axudando aos asistentes a albiscar a realidade de 2050: unha data na que sen dúbida traballar non será unha obriga, “senón unha elección” e na que contaremos con asistentes virtuais que realizarán a compra por nós.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?