Increméntanse os ataques de phising en Facebook
xoves, 9 de setembro do 2010
Usar a rede social con máis usuarios do
mundo como é Facebook ten moitas vantaxes, tales como atopar a certos amigos da
infancia que nunca volvemos a ver co paso dos anos ou manternos en contacto con
moitos outros que se atopan no outro lado do hemisferio; porén tamén ten
incontables inconvintes e o que máis destaca por enriba de todos eles é que é
un excelente branco para hackers de
todo o mundo que intentan sacar proveito de tal concentración de internautas
nunha mesma web.
A proba está en que moitos usuarios desta
rede social veñen denunciando nos últimos anos os ataques de hackers que
suplantan a súa identidade así como ataques de phishing ou spam que
saturan os seus perfís.
O laboratorio de seguridade de Panda, The
Cloud Security Company, consciente de que estes ataques lonxe de extinguirse
van ir a máis nos vindieros anos a medida que se perfeccionan e deseñan novos
métodos, vén de facer unha descripción da técnica que máis se emprega na Rede
para suplantar a identidade dos usuarios de Facebook, destacando os seguintes
pasos:
Paso 1: o gancho
O gancho vén, normalmente, dende o
perfil dun amigo que xa foi hackeado
previamente. O usuario recibe unha mensaxe (que semella lícita e auténtica)
indicando que é preciso premer na ligazón para ver algo. Na maioría dos casos,
esta mensaxe é do tipo de “vídeo
impactante” ou “apareces neste vídeo”,
e normalmente vai persoalizdo co nome do usuario.
Paso 2: Intento de Phishing
Agora que os “cibercriminais” xa atraeron a atención do usuario, precisa o seu
nome e contrasinal para iniciar a seguinte fase do ataque. A ligazón da
aplicación na que fixeron click,
semella exactamente igual que a páxina de entrada de Facebook, porén en
realidade é unha copia aloxada noutra dirección.
Paso 3: Obter acceso total
Unha vez que o usuario premeu na
ligazón e subministrou os seus datos de acceso, o suplantador xa ten pleno
acceso á súa información persoal, así como dereitos para publicar información a
través do seu perfil. Isto asegúralle que poderá difundir este ataque entre
todos os amigos e familiares do usuario.
Despois de obter o permiso, o
ataque dirixirase aos contactos da vítima e comezara de novo o proceso con
novos usuarios.
Cando isto pasa, os profesionais da
seguridade en liña aconsellan eliminar todos os permisos que o usuario lle dou
á aplicación maliciosa, e posteriormente, cambiar o contrasinal.
Periodicamente, asemade, os
especialistas recomendan cambiar o contrasinal e escoller un que non sexa doado
de adiviñar.
