Innovación habilitará rede sen fÃos en 43 polÃgonos industriais
mércores, 13 de febreiro do 2008
Os polÃgonos industriais galegos teñen que estar o máis preto posible da Rede. Mesmo dentro da Rede, con todo o que iso implica (por exemplo: que non haxa distinción entre o espazo fÃsico dos mesmos e o espazo virtual). Esta é a idea básica dun proxecto presentado esta mañá pola ConsellerÃa de Innovación encamiñado a facer chegar a banda larga a estes complexos empresariais.
Máis polo miúdo, a iniciativa -que vén acompañada por un orzamento de 5 millóns de euros- permitirá habilitar o acceso á Internet sen fÃos na práctica totalidade dos 43 polÃgonos que hoxe non contan con este recurso, segundo sinala a ConsellerÃa. Cómpre sinalar que na actualidade hai en Galiza un total de 130 recintos desta Ãndole.
O proxecto desenvolverase en virtude a acordos de cooperación cos concellos, estando aberta a partir de hoxe (e ata o 11 de marzo) o prazo de solicitudes para a incorporación deste servizo naqueles espazos empresariais onde non estea habilitado ou non opere en boas condicións.
No acto de presentación deste proxecto tamén se fixo fincapé nos máis de 39 millóns de euros que están a ser destinados nas vilas galegas ó subministro de banda larga en xeral (non só nos polÃgonos) ó longo do perÃodo 2005-2008.
Segundo apunta Innovación, os accesos sen fÃos nos recintos industriais constituirán un importante pulo á competitividade das empresas nos mercados.
