Innovación leva a cabo o desenvolvemento do primeiro Mapa de Infraestructuras e Telecomunicacións de Galicia
luns, 9 de xullo do 2007
A ConsellerÃa de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial, da Sociedade da Información e da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, vén de anunciar o desenvolvemento de dúas actuacións vinculadas ó Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información: un Mapa de Infraestruturas de Telecomunicacións de Galiza e un estudo estatÃstico e diagnose da Sociedade da Información en Galiza, segundo establecen as adxudicacións dos concursos que veñen de facerse públicas.
As devanditas iniciativas van permitir planificar ó detalle o despregamento de novas redes precisas para vertebrar o acceso ás novas tecnoloxÃas e monitorizar a evolución da Sociedade da Información na procura de reducir a fenda dixital.
Posto que as infraestructuras TIC son un dos factores clave para o desenvolvemento do noso paÃs, o departamento que dirixe Fernando Blanco, vai por en funcionamento o primeiro Mapa de Infraestructuras e Telecomunicacións da nosa comunidade.
Este mapa baséase na recollida de datos dos operadores de infraestructuras e servizos de telecomunicacións facendo especial fincapé na banda larga. A información recabada representarase nun sistema de información xeográfica (SIX), que permitirá a análise, xestión e seguimento do despregue das infraestruturas, asà como facer consultas de evolución de cobertura tanto en termos de poboación como de territorio.
Por outra banda, para a elaboración dos diagnósticos realizarase un ambicioso traballo de campo que contará con máis de 3.600 enquisas e permitirá medir o grao de penetración das novas tecnoloxÃas nos diferentes contornos socioeconómicos do paÃs.
O estudo incluirá 1.600 enquisas sobre o uso das TIC por parte dos cidadáns, 1.000 enquisas ás empresas e 1.000 máis ó tecido asociativo. O informe completarase cunha análise detallada das PEMEs do sector TIC, realizando enquisas a todas as compañÃas dedicadas a actividades tecnolóxicas.
