Instagram desminte padecer un roubo masivo de contas
luns, 12 de xaneiro do 2026
O venres pasado a compañÃa de seguridade informática Malwarebytes alertou do roubo de información de 17,5 millóns de contas de usuario de Instagram, que estarÃa a venderse na dark web e que terÃa provocado unha vaga de solicitudes de cambio de contrasinal, aÃnda que a información non parece axustarse a realidade, pois o domingo Instagram asegurou que «non houbo ningunha fenda de seguridade nos nosos sistemas e as vosas contas de Instagram están seguras».
O que si comentan é que tomaron medidas para evitar que terceiros poidan provocar as mensaxes de restauración do contrasinal que recibiron moitos usuarios, apuntando que esta mensaxes poden ignorarse con tranquilidade.
