Instagram está a probar a función de repost
venres, 9 de setembro do 2022

- Imaxe na que podemos ver como serÃa a nova seccións nos perfÃs de usuario para recoller os repost
Dende os seus inicios Instagram ten un xeito de funcionar que se diferencia claramente de plataformas como Facebook ou Twitter, que consiste en que os servizos teñen un alcance bastante limitado, xa que normalmente só os poden ver os seareiros dos seus creadores, resultando complicada a súa viralización, algo que finalmente parece que vai mudar, xa que veñen de confirmar que Meta está a efectuar probas cunha función de repost, que servirÃa para difundir publicacións propias e alleas dentro da cronoloxÃa ordinaria (cando actualmente só era posible compartir publicacións alleas mediante historias e mensaxes directas).
A posibilidade
de facer un repost é algo que agradecerán moitos creadores, xa que dese
xeito os usuarios non roubarán os seus contidos sen citar ao autor, e
poderán distribuÃlo dende as súas contas dun xeito doado e respectuoso cos
creadores orixinais. De feito, esta función non será como o que realizan
aplicacións externas, que consiste en duplicar o contido alleo, senón que estará
relacionado co contido orixinal e, de feito, no perfil dos usuarios haberá unha
pestana para recoller todas as publicacións alleas que se divulguen.
Cómpre salientar que polo momento estamos ante unha proba en Instagram, ou
sexa, que non está confirmado que vaia chegar a todos os usuarios nin cando
serÃa tal cambio, aÃnda que parece bastante probable que sexan unha función que
pase a ser oficial en breve, xa que supón unha grande mellora tras anos
comprobándose que a mecánica de publicación diferente de Instagram provoca
problemas maiores que as súas vantaxes.
