Instagram facilita os directos dende o ordenador a creadores e empresas
xoves, 14 de decembro do 2023
AÃnda
que o habitual é facer directos de Instagram directamente dende o móbil, hai
creadores e empresas que prefiren realizar retransmisións máis profesionais, e
agora van ter máis doado dar ese paso, xa que os usuarios de Instagram que
teñan perfil de empresa ou creador xa poden acceder de
xeito xerar ao Instagram Live Producer.
Isto quere dicir que quen queira realizar retransmisións dende software
especÃfico como o célebre OBS, o que permite empregar varias cámaras,
micrófonos externos e elementos gráficos, pode visitar dende o seu ordenador a
versión web de Instagram, para alà crear unha retransmisión de vÃdeo en directo
para a que se lle facilitarán as chaves de transmisión e os datos de
configuración precisos para que funcionen as aplicacións que tan frecuentemente
empregan os creadores de contido para plataformas como YouTube ou Twitch.
Cómpre salientar que para facer unha retransmisión digna en Instagram é recomendable
(aÃnda que non imprescindible) cinguirse ao formato vertical, ou sexa, que recomendan
configurar a aplicación de realización cunha resolución de imaxe de 720 x 1280
pÃxeles a 30 imaxes por segundo (aÃnda que acepta sen problemas 60 imaxes por segundo) cunha compresión de
entre 2.250 e 6.000 Kbps, mentres que o son debe estar en estéreo a 44,1 KHz a
un máximo de 256 Kbps.
Mentres se realiza a retransmisión de vÃdeo a través do software especializado,
na versión web de Instagram teremos unha pestana na que poder ler e responder
os comentarios dos espectadores, asà como reportar os comentarios pouco
axeitados e fixar os comentarios que queiramos destacar.
Unha vez rematado o directo pode optarse por compartir a retransmisión e
incluso descargala.