Instagram inicia os cambios na orde das imaxes
venres, 3 de xuño do 2016
Hai
pouco máis de dous meses desatouse unha febre en Instagram ante un futuro
cambio no funcionamento da orde das imaxes que podemos ver dende a
aplicación, que pasarÃa de ser estritamente cronolóxica a empregar un algoritmo
co que as fotografÃas que o sistema considere que poden resultar de maior
interese para nós aparecerán primeiro, evitando asà que non vexamos instantáneas
que poden resultarnos interesantes, ante a imposibilidade de ver todo o que
publican os usuarios aos que seguimos.
Pero a febre desatada entre os usuarios da aplicación non era a favor desta
nova funcionalidade que beneficia ao
consumidor, senón que partÃa dos creadores
de contidos, ou sexa que a xente que ten un importante número de seareiros
(aproveitando tal comercialmente) temÃa que o algoritmo de Instagram puidese
prexudicalo, de xeito que moita xente que algún dÃa decidiu seguilos non verÃa
as súas imaxes simplemente se non interactúa coas mesmas con certa
regularidade, e ante tal ameaza instaban aos usuarios a que fosen máis aló de
subscribirse ás súas fotografÃas e vÃdeos, senón que chegasen a activar unha
notificación no móbil cada vez que publicase algo, o que realmente serÃa unha
molestia.
Dende Instagram tiveron que saÃr á palestra para explicar que o
novo algoritmo non estaba activo, polo que a xente que estaba a pedir a
activación das notificacións estaba a ter unha reacción inxustificada, pero a
espera rematou, e agora confirman que iniciaron a implementación,
de xeito que nas vindeiras semanas irase introducindo nas nosas contas, buscando
mellorar o servizo e evitar que, de media, os usuarios non ven o 70% dos
contidos aos que están subscritos, o que ocasiona que se perdan moitas cousas
interesantes por publicarse a unha hora diferente á que se emprega a
aplicación.
Co algoritmo empregado preténdese que as imaxes e vÃdeos das persoas coas que
máis nos relacionemos estean sempre nas primeiras posicións, de xeito que
daremos prioridade aos nosos mellores amigos ou aos nosos músicos e actores
favoritos. Deste xeito a orde das fotografÃas xa non será cronolóxica, evitando
que ignoremos contidos do noso interese e axudándonos a evitar material de
pouco interese (para desgraza dos que producen ese tipo de contidos).
