Instagram permite engadir cancións ao noso perfil
xoves, 22 de agosto do 2024
Instagram está a estrear unha nova sección nos perfÃs de usuario, que permite fixar unha canción, como podemos comprobar ao visitar o perfil da cantante Sabrina Carpenter, dende o que podemos escoitar unha mostra do seu tema Taste.
Instagram xa permite dende hai tempo integrar música en historias e mesmo para acompañar a galerÃas fotográficas, pero desta volta sorprende polo feito de que este xeito de promocionar unha canción dende un perfil de usuario lembra a unha plataforma sociais case esquecida (MySpace) que no seu dÃa fora empregada masivamente por artistas musicais xa que era dos poucos espazos na Rede nos que se podÃa compartir música sen vÃdeo.
Todos os usuarios de Instagram xa poden agora editar o seu perfil e engadirlle música, tras o que hai que escoller tanto a canción que desexemos como os 30 segundos da mesma que queiramos que as persoas que consulten o noso perfil poidan reproducir, aÃnda que tal reprodución non será automática, co que parecen querer apuntar que non buscan que a música sirva de ambientación dos perfÃs, senón como de plataforma de visibilización das pezas (pensando principalmente en artistas musicais e os seus seareiros).