Instagram pon ao dÃa a súa mensaxerÃa
luns, 4 de marzo do 2024
A mensaxerÃa de Instagram está a incorporar unha chea de melloras que estamos afeitos a ver noutras plataformas de mensaxerÃa, dando a entender que, aÃnda que Instagram sexa principalmente unha plataforma social, non pode descoidar as súas ferramentas de comunicación privada.
Unha das novidades máis de agradecer é a posibilidade de editar mensaxes até 15 minutos despois da súa publicación, o que resulta moi práctico para corrixir faltas ortográficas ou pequenos erros.
Anuncian que están a preparar a posibilidade de que na bandexa de entrada da mensaxerÃa poidamos fixar até 3 conversas (individuais ou de grupo) para axilizar asà o acceso ás conversas máis habituais.
No que respecta á privacidade, na configuración da aplicación agora é posible elixir se queremos que o resto de usuarios poida recibir confirmacións de lectura, podendo personalizarse tal función para que se aplique a todas as conversas ou só a algunhas en concreto.
Agora é posible engadir adhesivos a unha listaxe de favoritos, de xeito que a vindeira vez que queiramos incluÃr un adhesivo nunha conversa o teñamos moi a man. Tamén será posible publicar adhesivos, imaxes GIF, vÃdeos, fotografÃas ou notas de voz cando respondamos a unha mensaxe en concreto.
E para completar as novidades, teremos máis temas para personalizar as conversas (entre os temas novos hai un sobre a serie de Netflix Avatar: The Last Airbender, outro con chupas e un terceiro con corazóns que anuncian que en breve contará con animacións).