Instagram prepara un adhesivo para realizar doazóns
martes, 19 de febreiro do 2019
Instagram non cesa de incorporar novidades á súa aplicación,
e unha das vindeiras prestacións que poderÃa incorporar serÃa un adhesivo para
as historias que permitirÃa realizar doazóns para entidades sen ánimo de lucro,
segundo vén
de desvelar en Twitter a usuaria Jane Manchun Wong.
Facebook xa leva anos ofrecendo a posibilidade de que as organizacións sen
ánimo de lucro poidan recadar fondos na súa plataforma, polo que trasladar tal
funcionalidade a Instagram semella algo natural, aÃnda que a súa eficacia serÃa
bastante reducida, xa que non é habitual ter asociados os nosos métodos de
pagamento á nosa conta de Instagram, aÃnda que iso é algo que poderÃa mudar no
futuro, xa que cada vez Instagram está a avanzar máis para converterse nunha
ferramenta que impulse o comercio electrónico.
Ao parecer, dende Facebook xa recoñeceron
estar a traballar no adhesivo para facilitar as doazóns a través das historias
de Instagram no seu Communities Summit que tivo lugar a primeiros de mes, e
terÃan atopado rastros de código na aplicación de Instagram para Android, polo
que podemos dar por segura esta prestación, aÃnda que o momento do seu lanzamento
poderÃa deixarse para unha ocasión propicia na que haxa algunha campaña importante
coa que colaborar ou bote a andar algunha iniciativa para dar un pulo ás vendas
directas a través de Instagram.
