Instagram ten xa máis do dobre de usuarios que Twitter en España

venres, 31 de marzo do 2017 Marcus Fernández

The Social Media Family publicou o seu III Estudo sobre os usuarios de Facebook, Twitter e Instagram en España, no que recolle estatísticas de uso das tres redes sociais nas 50 cidades máis poboadas de España durante 2017 o que constata o meteórico crecemento de Instagram na sociedade española, de xeito que esta plataforma chegaría aos 9,5 millóns de usuarios, ou sexa, que non só adiantaría a Twitter, senón que incluso pasaría de dobrar o seu número de usuarios (4,5 millóns), aínda que faltando bastante para chegar á penetración de Facebook (24 millóns de usuarios), que é unha plataforma máis universal (mentres que Instagram é popular principalmente entre a xente moza).

Alexandra Pereira (Lovely Pepa) destaca entre as 15 persoas máis seguidas en Instagram no territorio español

O estudo confirma que Facebook continúa a ter bastante forza, incrementando considerablemente o número de perfís de máis de 40 anos, á vez que tamén chama a atención o feito de que cada plataforma parece ter un xénero de seu, e así poderiamos dicir que Facebook e Instagram son redes femininas, mentres que Twitter é masculina (o número de homes empregando esta rede é considerablemente superior ao de mulleres).
A incorporación de Instagram a este estudo é unha novidade, que responde ao grande crecemento desta plataforma entre os menores de 40 anos, e no caso galego incluso detallas que o número de perfís en Instagram que detectan en Vigo sería de 79.000, mentres que na Coruña habería 71.000 instagramers, mentres que o número de usuarios de Twitter en Vigo sería de 22.969, pero só 7.048 estarían activos (o estudo destaca a forte caída de actividade na plataforma do paxaro Larry), deixando claro que a actividade de Instagram en Galicia en extraordinariamente superior á de Twitter, e o estudio incluso presenta a unha galega (Alexandra Pereira) entre as 15 persoas españolas de máis éxito en Instagram.

PUBLICIDADE