Instants: as novas fotografías de Instagram estrean aplicación

venres, 24 de abril do 2026 Marcus Fernández

Instagram está a presentar unha nova aplicación móbil, Instants, dispoñible para Android e para iOS, que convida aos usuarios a compartir fotografías temporais cos amigos, coa facilidade de que este formato efémero está dispoñible de xeito indistinto en Instants e en Instagram.
Instants quere popularizar que os usuarios compartan imaxes naturais e sen edición, que desaparecerán tras unha visualización ou despois de 24 horas, de xeito que a súa natureza efémera é a peza máis importante, no que semella un xeito de competir con aplicacións como Snapchat e BeReal.
Polo momento a aplicación está en probas en España e Italia, de aí que aínda non teña contidos de xeito masivo.
Queda agora por ver se este experimento se traducirá nunha aplicación con actividade de seu ou se quedaremos nunha funcionalidade máis de Instagram que rematará co peche da aplicación independente.