Intel prepara unhas lentes conectadas discretas
luns, 5 de febreiro do 2018
AÃnda
que o fenómeno das Google Glass non chegou a concretarse nun produto de
consumo, dende Intel consideran que o seu concepto era matizable, e por iso
están a traballar nunhas lentes conectadas chamadas Vaunt que como grande
diferenza carecen de cámara que invada a intimidade da xente, á vez que tamén
prescinde de botóns que pulsar, zona táctil, altofalantes, unha pantalla LCD
brillante e elementos flotantes, ou sexa, que semella unhas lentes ordinarias,
aÃnda que si permiten ver información, aÃnda que dun xeito máis innovador:
empregan proxección retinal, de xeito que só o usuario verá as imaxes que xere
este accesorio.
AÃnda que tardaremos bastante en ver este produto no mercado, dende
The Verge ofrecen en exclusiva unha primeira ollada a esta prometedora
tecnoloxÃa que antes de rematar o ano ofrecerase a desenvolvedores, para
que poidan comezar a experimentar cun produto que parece moito máis próximo que
as solucións de realidade aumentada que perseguen outras compañÃas. Sorprende
asà ver como dende Intel consideran que o futuro éxito de Vaunt será ofrecer menos que outros trebellos semellantes,
xa que son conscientes do molesto que pode ser estar acosado constantemente por
notificacións que invadan a nosa visión.
Un dos principais obxectivos do equipo de deseño de Vaunt era que estas lentes
conectadas fosen lixeiras e cómodas, ou sexa, que non só terÃan que parecer
lentes ordinarias, senón que tamén terÃan que sentirse asÃ, de xeito que a súa
electrónica está agochada nas patillas dun xeito bastante discreto.
O sistema de proxección retinal que integra Vaunt consiste nun láser de moi
baixa potencia (VCSEL) que proxecta unha imaxe de 400 x 150 pÃxeles en
monocromo sobre a retina do usuario, de xeito que outras persoas non verán a
información que esteamos recibindo, facendo que este produto sexa bastante
discreto á vez que ten outro efecto importante: a imaxe proxectada está sempre
enfocada (tanto se usamos lentes graduadas ou non).
As lentes comunÃcanse co smartphone (Android ou iOS) a través de Bluetooth, e
nun principio detectan movementos básicos para facilitar a interacción, aÃnda
que futuros modelos poderán integrar micrófono para facilitar o seu uso con
asistentes de voz.
Aseguran que o produto terá unha autonomÃa dun mÃnimo de 18 horas, ou sexa, que
queren que só haxa que cargalas de noite, para poder empregar as lentes durante
o dÃa con normalidade.
Queda agora por ver se conseguen desenvolver o software axeitado para que este
proxecto consiga facer un produto atractivo que sexa práctico para o uso diario
e consiga superar os atrancos que atoparon as Google Glass para chegar a un
público masivo.
VÃdeo no que The Verge amosa numerosos detalles das lentes Vaunt