Dende Microsoft levan anos loitando contra a obsolescencia dos navegadores web, e hoxe mesmo pechan un importante episodio da súa historia, xa que chegou a data na que a aplicación Internet Explorer 11 celebra o seu retiro, ou sexa, que deixa de recibir soporte por parte de Microsoft, o que supón que non recibirá actualizacións, polo que o seu uso pode resultar moi problemático.
Aínda que levan anos instando aos usuarios de Windows 10 a pasar de Internet Explorer a Microsoft Edge, e mesmo o vello navegador web é incompatible con Windows 11, continúan a existir moitas páxinas web que precisan de Internet Explorer para funcionar, por non terse actualizado nunha chea de anos (e deseñarse claramente ignorando os estándares web que facilitan o uso de diferentes navegadores), de aí que Microsoft Edge inclúa o modo Internet Explorer, unha solución para que as páxinas web problemáticas non se interpreten con Chromium (motor empregado por Edge) e fagan uso do motor Trident MSHTML (o empregado por Internet Explorer 11).
Cómpre salientar que o modo Internet Explorer é un parche, ou sexa, que non é unha solución a longo prazo, nin ofrece todas as posibilidades de Internet Explorer, xa que ten certas limitacións, polo que as empresas que continúen a empregar páxinas web incompatibles con navegadores web modernos deberían corrixir a situación co urxentemente se non queren ter serios problemas no futuro.
Internet Explorer 11 queda sen soporte
Compartir Este Artigo
