
En España desempeñou o cargo de director corporativo de Mercados e Tecnoloxía en Soluziona e traballou en EGATEL dende 2005, conseguindo situar á empresa galega, con sede na Tecnópole, precisamente, no mercado internacional. Ademais, foi membro do comité de dirección do Clúster TIC Galicia, así como de AMETIC, de Gradiant e da asociación galega de empresas tecnolóxicas Ineo.
Desta forma, o novo director xerente de Tecnópole explica que “esta nova etapa representa para un reto que afronta cunha enorme ilusión”. Cómpre mencionar que a primeira tarefa que desenvolverá será un plan de negocio plurianual, que realizará tras manter encontros cos traballadores, coa Xunta de Galicia e demais socios da sociedade xestora, ademais das empresas do Parque.
En definitiva, Javier Taibo afirma que “vai vir un momento moi favorable, de crecemento para o país, derivado dos fondos europeos NextGeneration, que apoiará proxectos ecolóxicos e dixitais”.
Javier Taibo Gallego, novo director xerente do Parque Tecnolóxico de Galicia
Compartir Este Artigo

