Jepsen deixa o proxecto OLPC e busca crear un portátil de 75 dólares
venres, 11 de xaneiro do 2008
A deseñadora da revolucionaria pantalla do
portátil XO do proxecto OLPC, Mary Lou Jepsen, vén de deixar a Fundación
auspiciada por Negroponte para traballar en Pixel
Qi, unha empresa que ten coma obxectivo crear un
ordenador portátil que só custe 75 dólares, o que resulta abraiante dado
que o XO custa actualmente uns 200 dólares (cando pretendÃan que custase 100 dólares).
Ademais, Jepsen traballar no sector privado, pois pensa que o XO só foi un
primeiro paso, e que desenvolvementos como pantallas de baixo prezo e consumo
que se poidan ler baixo a luz do sol para portátiles, móbiles ou cámaras
dixitais teñen moito futuro, de xeito que a empresa que vén de fundar poderá
seguir evolucionando dentro do mercado.
Este abandono de Jepsen coincide co cese de Intel da directiva do proxecto, asÃ
como do anuncio de que só
se venderon 162.000 equipos XO, dos que a meirande parte partiron da
iniciativa Give One, Get One, ou
sexa, que non foron adquiridos por gobernos, no que parece que é un fracaso
temporal deste altruÃsta iniciativa.
