Juan Cividanes entra no Consello de Administración de Arteixo Telecom
martes, 10 de xaneiro do 2023
Co obxectivo de fortalecer o conselleiro de Administración
de Arteixo Telecom e despois dun ano de conversacións, Juan Manuel Cividanes
Roger acepta a invitación formulada pola empresa e entra a formar parte do
Consello de Administración de Arteixo Telecom que preside Rafael Valcarce e que
integra a outros dous conselleiros con gran experiencia na xestión empresarial.
Juan Manuel Cividanes Roger, profesional cunha ampla
experiencia no mundo da empresa tanto no sector público como privado, dirixiu
entre 2011 e 2020 dous importantes organismos (XESGALICIA e o IGAPE), e a
partir do 2021 é socio promotor do club de investimento The Food Tech Lab
dedicado ao investimento en startups na industria agroalimentaria e
outras.
O presidente de Arteixo Telecom, Rafael Valcarce manifestou
que «a nosa empresa sente moi agradecida aos actuais Conselleiros porque son
garantÃa nos proxectos de futuro e na consolidación duns resultados que desde o
2015 sempre se obtiveron con Beneficios e Ebitdas positivos. Queda un camiño
cara adiante contando co persoal desta empresa que é o mellor activo que un
empresario pode ter. Arteixo Telecom ten
un persoal e unha dirección extraordinarias».