KickassTorrents entra na Dark Web para evitar os bloqueos
mércores, 8 de xuño do 2016
Os
buscadores para redes P2P levan anos loitando contra as medidas de bloqueo que
van xurdindo en distintos territorios, para o que mudan o seu nome de dominio,
ocultan a localización real dos seus servidores ou empregan solucións
descentralizadas, e o buscador de ficheiros de BitTorrent que actualmente é lÃder
a nivel mundial, KickassTorrents, tras adoptar moitas das medias de protección
no pasado, aposta
agora por estrear un enderezo oficial na Dark
Web, de xeito que a través do navegador web Tor pode accederse aos seus
contidos dende todo o mundo, con independencia da existencia de bloqueos por
parte dos provedores de acceso á Rede.
O enderezo de KickassTorrents na rede Tor serÃa http://lsuzvpko6w6hzpnn.onion/, e
aÃnda que KickassTorrents xa conte con numerosos servidores proxy para facilitar evitar os bloqueos
na web normal, o feito de que agora
tamén estea accesible a través da web
escura é toda unha garantÃa para os usuarios habituais deste tipo de
buscador de ficheiros intercambiados a través de P2P.

- Coa presenza na Dark Web a web de KickassTorrents evita os bloqueos que os provedores de acceso exercen nalgúns paÃses
