LG comeza a comercializar o seu televisor curvo de 105 polgadas
martes, 29 de xullo do 2014
Os produtos que se ven nas feiras de electrónica de consumo
en moitas ocasións tardan en chegar ao mercado, e tras presentarse no Consumer
Electronics Show (CES) de Las Vegas o pasado mes de xaneiro, finalmente é
posible encargar en Corea do Sur o novo televisor curvo de
ultra alta definición de LG que ten unha diagonal de 105 polgadas.
Estamos ante un impresionante televisor en formato CinemaScope (21:9) cunha
pantalla de 5.120 x 2.160 pÃxeles, que ao ter certa curvatura consegue unha
sensación de inmersión mellorada. O seu panel IPS consegue unha boa calidade de
imaxe, ao que tamén axuda a súa tecnoloxÃa de sobre-escalado, para que os
contidos que aÃnda non están adaptados á ultra alta definición poidan verse de
xeito aceptable.
Este televisor serÃa o máis semellante a meter unha pantalla de cine nun salón
doméstico, para o que LG tamén conta cun sistema de altofalantes 7.2 de 150W
(desenvolvidos en colaboración con Harman Kardon). A pantalla integra tanto a
tecnoloxÃa 3D que LG inclúe habitualmente nos seus televisores (que permite o
uso das lentes que habitualmente se empregan nas salas cinematográficas
comerciais) asà como tecnoloxÃa de Smart TV (baseada en webOS), polo que
estamos ante un produto de moi alta gama (véndese por 120 millóns de wons, ou
sexa, 87.083 euros) que é de agardar que chegue ao mercado europeo no último
trimestre do ano.