LG estrea o cargador sen fÃos máis pequeno do mundo
martes, 26 de febreiro do 2013
A
carga sen fÃos de dispositivos móbiles como o Nokia Lumia 920, o Nexus 4 e o
novo LG Optimus G Pro está a converterse nunha tendencia, e para facer máis
atractiva esta caracterÃstica LG presentou hoxe o cargador sen fÃos máis
pequeno do mundo, o LG WCP-300,
que ten un diámetro de só 6,98 centÃmetros e que adopta unha forma redonda,
conseguindo un grande equilibrio entre a portabilidade e a eficiencia de carga.
Como grande vantaxe deste tipo de cargadores está o feito de que funcionan cun
estándar de carga (Qi) de xeito que son compatibles entre distintos fabricantes
como tamén está a acontecer cos conectores micro USB, o que facilitará a súa
integración en elementos do noso dÃa a dÃa, como mesas ou vehÃculos.