LG pecha a súa división de móbiles
luns, 5 de abril do 2021
Hai un par de semanas a prensa surcoreana informou do abandono
de LG do mercado dos smartphones tras fracasar as negociacións para a venda
da división de telefonÃa que levaba 6 anos rexistrando perdas, e finalmente o
inevitable confirmouse
oficialmente nunha nota de prensa publicada hoxe mesmo.
Dende LG aseguran que hoxe o seu cadro de dirección aprobou o peche da súa
división de móbiles para enfocarse en áreas de negocio ten máis posibilidade de
éxito, á vez que queren tranquilizar aos consumidores asegurando que manterán o
soporte técnico e as actualizacións de software dos seus móbiles actuais
durante un tempo que dependerá de cada rexión (lembremos que en Europa as
garantÃas obrigatorias son de 2 anos, mentres que en mercados como o estadounidense
tal perÃodo queda en 12 meses).
Curiosamente LG asegura que reterán as tecnoloxÃas nucleares para o seu negocio
móbil, contando en que poidan empregalas en produtos futuros.
O peche da división móbil de LG pretende completarse o 31 de xullo, sendo
posible que tras esa data continúen os móbiles da marca no mercado por quedar
existencias.

- A aposta pola innovación no sector móbil por parte de LG non foi dabondo para facer rendible tal división da compañÃa surcoreana
