LG presenta un panel Full HD de 5 polgadas
luns, 28 de maio do 2012
LG Display presentou hoxe un novo
panel de cristal líquido de 5 polgadas capaz de amosar imaxes en alta definición
(Full HD), de xeito que sería o panel de maior definición ata o momento con
440 puntos por polgada, o que supera por unha ampla marxe os 326 puntos por
polgada da pantalla Retina do iPhone 4 ou os 264 dpi do novo iPad.
O novo panel LCD de LG está baseado en tecnoloxía AH-IPS, e permitiría levar
por primeira vez imaxes Full HD a un smartphone,
chegando ao mercado na segunda metade do ano e podendo verse en vivo en Boston
a partires do vindeiro 4 de xuño dentro da SID
Display Week.