LG presentará o seu primeiro móbil 3D en Barcelona

martes, 1 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Despois de que dende Phandroid filtrasen unha imaxe do que parece ser o móbil LG Optimus 3D, dende o fabricante surcoreano confirman que van presentar o seu primeiro móbil con pantalla 3D durante o Mobile World Congress de Barcelona que terá lugar entre os días 14 e 17 do presente mes.
Dende LG aseguran que van lanzar este terminal cunha completa plataforma que solucione o problema da falta de contidos 3D que hai na actualidade. O móbil tamén contará cunha cámara con dúas lentes, de xeito que gravará vídeo estereoscópico que poderá verse na súa pantalla 3D sen lentes ou a través de televisores 3D aos que pode conectarse a través de HDMI.

PUBLICIDADE