LaCie MosKeyto leva as memorias USB á súa mínima expresión

luns, 6 de setembro do 2010 Marcus Fernández

As memorias USB cada vez teñen máis capacidade e menor tamaño, e para levar estas dimensións ao extremo, preséntase o LaCie MosKeyto, unha unidade que mide menos de 20 milímetros e pesa 10 gramos, que convértese nunha das memorias USB máis cativas do mercado, que consegue volverse case invisible (só sobresae 6 milímetros) ao conectarse ao ordenador (o que resulta especialmente práctico nos equipos portátiles, pois non hai que extraer a unidade do equipo durante o seu transporte e non molesta a dispositivos conectados en portos USB adxacentes). Para completar a este dispositivo, véndese con 4 Gb adicionais de almacenamento segura na Internet a través do servizo Wuala.
O modelo de 4 Gb ten un prezo de venda de 19,99 euros, mentres que o de 8 Gb véndese a 29,99 euros, estando previsto o lanzamento dunha versión con 16 Gb de capacidade.

PUBLICIDADE