Lembramos en vÃdeo os 25 anos da chegada da Rede a Galicia
xoves, 17 de maio do 2018
En febreiro de 1993 o Centro de Supercomputación de Galicia
(CESGA) conectouse por primeira vez coa Internet, e para celebrar os 25 anos de
tal fito xuntamos o pasado 12 de marzo no Edificio CINC da Cidade da Cultura ao
catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e director do CESGA en
1993, Juan Casares-Long; o subdirector técnico do CESGA e técnico de RECETGA,
José Ignacio López Cabido; o responsable de comunicacións do CESGA en 1993,
Juan Luis Ruiz Buján; o profesor emérito de FÃsica Teórica da USC, Carlos
Pajares; e o autor de Historia da
Informática. Unha cronoloxÃa, Henrique Neira.
Este
foro tecnolóxico serviu para facer un repaso da chegada da Internet a Galicia,
e co gallo do DÃa Internacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información
(asà como o DÃa das Letras Galegas) queremos abrir ao público un vÃdeo no que
pode rememorarse o encontro, e co que queremos retomar a nosa canle de
vÃdeo en YouTube, que nas vindeiras semanas irase enriquecendo con contidos
que esperamos que sexan de interese para os nosos lectores.