Lembran a Twitter que ten que cumprir coas leis europeas
xoves, 24 de novembro do 2022- Didier Reynders (Comisión Europea) con Karen White (Twitter) nas oficinas de Twitter en DublÃn
Non conforme co rebumbio formado polo restablecemento
da conta de Twitter de Donald Trump, Elon Musk repetiu a xogada con outra
enquisa a través da que fixo oficial unha amnistÃa
xeral ás contas suspendidas agás que estivesen involucradas en spam ou
fosen ilegais, ou sexa, de devólvelle a voz ao peor de Twitter: usuarios que na
meirande parte das ocasións promovÃan discursos de odio (algo que é ilegal, pero
que non chegou a declararse asà oficialmente xa que a plataforma expulsou aos
usuarios ante as súas condutas tóxicas evidentes, evitando asà que un tribunal
puidese considerar á plataforma responsable por inacción), o que sen dúbida vai
contribuÃr ao empeoramento da comunidade.
Resulta especialmente rechamante que se restauren contas de usuarios perigosos
á vez que se reduce o número de traballadores que se encargan de moderar os
contidos, o que provoca que as condutas contrarias ás normas de Twitter carezan
de moderación efectiva, e algún informe chegue a estimar que só o 1% das
mensaxes racistas publicadas en Twitter retÃranse da plataforma tras ser denunciadas,
o que confirma a grande carencia de moderadores humanos que hai actualmente.
A situación actual non parece que faia mudar rápido, xa que esta mesma semana sóubose
que, aparte das numerosas renuncias que houbo a semana pasada, Musk
tamén realizou ducias de despedimentos, e está a adoptar unha polÃtica de
pagamentos bastante cuestionable (rexeita
pagar a provedores e moitos outros gastos comprometidos antes da súa
chegada á empresa, e insta aos traballadores a renegociar contratos para
reducir custos).
Pero esta situación caótica non está a resultar allea para os reguladores, e o
comisario europeo de Xustiza, Didier Reynders, xa tivo unha
xuntanza con persoal de Twitter para lembrar á compañÃa que teñen que cumprir
a lexislación europea evitando os discursos de odio, loitando contra a
desinformación e exercendo certos labores de moderación que non parece que se estean
a dar actualmente. De feito, é imposible que actualmente Twitter poida cumprir
coa lexislación europea xa que despediu
a todos os traballadores da súa oficina en Bruxelas, de xeito que non hai
unha canle de interlocución efectiva entre as autoridades europeas e Twitter.
De continuar na mesma liña Twitter exponse a importantes sancións, que poderÃan
ser simplemente económicas ou chegar a provocar o bloqueo de Twitter para os
usuarios europeos, o que serÃa realmente dramático, polo que é de esperar que
nas vindeiras semanas Musk recapacite e actúe con responsabilidade que debe aos
usuarios.