Leyio permite intercambiar arquivos por USB sen a necesidade dun PC
xoves, 30 de abril do 2009
Para facilitar o
intercambio e almacenamento de ficheiros cando non teñamos un ordenador a man,
chega ao mercado español Leyio,
unha unidade de almacenamento con 16 Gb de capacidade que pode funcionar coma
unha memoria USB tradicional, pero tamén pode descargar arquivos doutras
memorias USB, reprodutores multimedia e outros trebellos, sendo incluso capaz
de realizar transferencias co estándar sen fíos UWB que permite transferencias
de 10 Mbps a 3-5 metros de distancia. Conta cunha pantalla OLED de 1,5 polgadas
e incluso un lector de pegadas dixitais para a identificación biométrica.
O Leyio ten unha batería
interna recargable por miniUSB cunha capacidade de 900mAh, o que lle
daría uns 30 días de autonomía (cunha media de transferencia diaria de 1 Gb de
datos, dos que a metade irían por USB e a outra metade por radio).
Aparte de para gardar datos, o
Leyio tamén serviría para información persoal, polo que está
adaptado para traballar con Facebook, MySpace, Hi5, Twitter e MSN Messenger, e
en breve poderían incluír a Tuenti entre as webs sociais soportadas.
- O Leylo utiliza un lector de pegadas para identificar ao seu usuario