Listarobinson.es permite inscribirnos para non recibir publicidade non desexada
mércores, 1 de xullo do 2009
A Axencia
Española de Protección de Datos (AEPD) presentou un servizo de Lista Robinson por Internet
desenvolvido pola Federación
de Comercio Electrónico e Marketing Directo (FECEMD) que permite aos
consumidores inscribirse para non recibir comunicacións comerciais non
desexadas por correo postal, correo electrónico, teléfono fixo e móbil (incluso
por SMS).
Esta listaxe pretende converterse nun ficheiro de referencia e apóiase no
regulamento aprobado en decembro de 2007 que obriga ás empresas, institucións e
organizacións a consultar os ficheiros de
exclusión antes de lanzar unha campaña publicitaria que utilicen datos
persoais que figuren en fontes públicas (coma directorios telefónicos ou
censos). O servizo será de balde para os consumidores, mentres que as empresas
que desexen consultalo deberán pagar entre 150 e 550 euros.
Hai que destacar que a efectividade do ficheiro non se percibirá ata 3 meses
despois da inscrición (xa que as compañÃas non consultan as listaxes de
exclusión en tempo real), e non suporá unha blindaxe absoluta fronte á
publicidade que recibimos hoxe en dÃa (especialmente a través da Internet, onde
non hai fronteiras) e incluso existe o temor de que os datos do servizo rematen
empregándose de xeito perverso.
