Livetopic fai a súa presentación perante investidores e abre rolda de financiamento
venres, 1 de decembro do 2017
Entre
os proxectos que están a participar na
actual edición de Innova by Conector (o programa de aceleración de
ABANCA) atópase o proxecto Livetopic,
que foi presentado o pasado martes, en todos os seus detalles,
perante investidores potenciais da nosa contorna. Na cita, que se
celebrou no Centro de Innovación da entidade galega na Coruña, os
responsábeis de Livetopic presentaron os resultados obtidos até a
data pola
iniciativa
(lanzamento da app
de seu, resultados e premios) e mostraron a súa proposta de face ao
futuro. Na
presentación participou
Antonio Casal, director
comercial da empresa, que salientou que se trata dunha ferramenta que
lle recomenda
ao usuario “o que realmente necesita contratar”, “a diferenza
do resto de competidores que o único que fan é mostrarche
produtos”.
Segundo
puidemos saber, a nova firma galega vén de abrir a
súa primeira rolda de investimento para introducir melloras en
usabilidade da aplicación móbil
e para a
posta en marcha de campañas de mercadotecnia
e contratación de persoal, destinado
isto último a prestar
apoio ao departamento de Tecnoloxía.
Lembrar
que Livetopic foi recoñecida recentemente co primeiro premio do
INSEAD Venture Competition (o
mesmo
galardón
que recibiu no seu día BlaBlaCar) e o primeiro premio do programa
Santalucía
Impulsa, como startup
con importante proxección.
A
nova firma está centrada en tirar proveito das máis avanzadas
tecnoloxías para facer
análises
detalladas
e independentes
da nosa
situación económica e financeira, achegándonos
asesoramento
sacar a máxima rendibilidade dos
nosos
aforros.