Logitech comercializa uns altafalentes 5.1 a un prezo asumible

venres, 16 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Os usuarios que gocen das experiencias de son envolvente para películas e videoxogos (no PC e nas consolas de videoxogo da presente xeración) poden optar agora por unha solución de altofalantes a un prezo relativamente alcanzable, coma os Logitech Surround Sound Speakers Z506, que achega o son 5.1 por só 89,99 euros, o que supón un prezo bastante reducido para un complemento audiovisual de tanta calidade, que suma 75 vatios de potencia.


Vídeo de presentación destes novos altofalantes 5.1 de Logitech

PUBLICIDADE