Logitech presenta unha base de carga indutiva para o iPhone
martes, 7 de agosto do 2018
Mentres Apple non comercializa a súa agardada base de carga
AirPower hai fabricantes que atopan unha magnÃfica oportunidade para presentar
produtos innovadores como o novo
soporte de carga sen fÃos POWERED for iPhone de Logitech, un accesorio para
iPhone 8, 8 Plus e X (tamén compatible con outros produtos compatibles coa carga
Qi como os Samsung Galaxy dende o S7 até o S9+) que aproveita a carga por
indución para facilitar o uso do teléfono durante a súa carga.
Deste xeito, o soporte permite que mentres se carga a baterÃa do smartphone
poida consultarse a mensaxerÃa, navegarse pola web ou incluso ver unha
pelÃcula, xa que un dos detalles máis salientes deste accesorio é que a
superficie de carga pode rotarse 90 graos, para asà poder cargar o terminal en
orientación horizontal.
O soporte ten un ángulo de inclinación de 65 graos, o que fai que achegue unha
visualización óptima e, no caso do iPhone X, tamén facilita que o teléfono
poida desbloquearse mediante Face ID, para asà poder acceder ás notificacións
con só mirar ao smartphone, sen ter que mover un dedo.
A superficie do soporte está recuberta de goma, para facilitar a súa suxeición
e que o móbil non caia por mor das vibracións que xeran numerosas chamadas e
notificacións. O accesorio tamén integra unha discreta luz de carga, que
permitirá saber cando a carga ten lugar sen problemas e alertar se ai algún
obxecto metálico interferindo coa carga. Logitech tamén indica que a carga pode
realizarse en teléfonos cunha funda (de silicona ou coiro) de até 3 milÃmetros
de grosor sempre que non teñan pezas magnéticas.
O soporte POWERED for iPhone sairá en breve á venda a un prezo de 81,99 euros.