Lowi estrea 5G e mellora as súas tarifas converxentes
mércores, 16 de agosto do 2023
Hai unha semana
Lowi, o operador de baixo custo de Vodafone, confirmaba que ía
contar con conectividade 5G sen cargo adicional, e finalmente a súa mellora
a mellora de conectividade está aquí, aproveitando a ocasión para actualizar as
súas tarifas converxentes de cara ao período promocional que chaman Back To
School.
A oferta converxente de Lowi ofrece agora fibra de 1 Gbps e móbil con
conectividade 5G, chamadas sen límite e 75 GB de datos por 42,95 euros/mes; con
600 Mbps de velocidade de fibra e 50 GB de datos o prezo sería de 36,95
euros/mes; e con 300 Mbps de fibra baixaría o prezo até 34,95 euros/mes.
A compañía tamén lanzará unha nova tarifa de fibra a 1 Gbps por 34,95 euros/mes
(que até o 31 de outubro poderá contratarse por 29,95 euros/mes) e mellora a
súa oferta de liñas móbiles adicionais (con conectividade 5G, chamadas
ilimitadas e un prezo que varía en función dos datos incluídos, partindo de 6
GB por 3,95 euros/mes e chegando até os 100 GB por 14,95 euros/mes).