Luz verde ambiental a un centro de xestión de residuos informáticos en Culleredo
luns, 9 de marzo do 2026
A Xunta de Galicia deu luz verde ambiental ao proxecto para instalar un centro de almacenamento e valorización de residuos informáticos no parque empresarial de Almeiras-A Marisqueira, no concello de Culleredo.
Segundo recolle o informe de impacto ambiental (IIA) emitido pola ConsellerÃa de Medio Ambiente e Cambio Climático, non se prevén efectos adversos significativos derivados da iniciativa, sempre que se cumpran os condicionantes establecidos tanto no documento ambiental e na restante documentación analizada como na propia resolución autonómica.
O informe elaborouse no marco do procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificada desta iniciativa empresarial. Neste trámite, a documentación presentada polo promotor foi sometida a participación pública sen que se rexistrase ningún escrito nin alegación, ao tempo que se consultou aos organismos interesados.
Como resultado destas consultas, os distintos departamentos realizaron as súas valoracións e fixaron determinados condicionantes que se incorporan aos incluÃdos no programa de vixilancia ambiental recollido na resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade.
Estas avaliacións conclúen que o proxecto non terá impactos significativos nos diferentes ámbitos analizados e que a súa posta en marcha serÃa viable sempre que se respecten as condicións establecidas nos informes emitidos, relativas a aspectos como a protección da atmosfera, da poboación e da saúde, das augas e leitos fluviais, do solo e das infraestruturas, asà como á integración paisaxÃstica, á restauración e á xestión de residuos.
Unha vez emitido o IIA, que non exime ao promotor da obriga de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que sexan legalmente exixibles para desenvolver o proxecto, a resolución foi remitida ao órgano substantivo. Ademais, daráselle publicidade proximamente a través do Diario Oficial de Galicia e da páxina web da ConsellerÃa.
O proxecto contempla a instalación dun centro xestor de almacenamento e valorización de residuos non perigosos (residuos informáticos), que se situará no interior dunha nave da que xa dispón o promotor no parque empresarial de Almeiras-A Marisqueira. A instalación está completamente acondicionada para realizar a actividade, polo que non será necesario executar obras nin modificar as infraestruturas existentes.
As operacións previstas inclúen o almacenamento de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), como pantallas de ordenador e impresoras de distintos tamaños, asà como o almacenamento e valorización de compoñentes informáticos e cartuchos de tinta e tóner.
O promotor, Ridel Noroeste SL, establece que a capacidade normal de tratamento da instalación será de 43 toneladas anuais, mentres que a capacidade máxima alcanzará as 54,75 toneladas ao ano. A capacidade máxima puntual de almacenamento sitúase en 14,05 toneladas.
