Máis micrófonos de RØDE poden conectarse ao iPhone sen receptor
martes, 17 de febreiro do 2026
A tecnoloxÃa Direct Connect de RØDE, estreada no micrófonos sen fÃos Wireless Micro, esténdese aos modelos Wireless GO (Gen 3) e Wireless PRO, ampliando asà as opcións de conexión directa por Bluetooth con dispositivos móbiles.
A principal novidade é a posibilidade de emparellar os transmisores directamente cun iPhone a través da aplicación RØDE Capture, sen necesidade de empregar un receptor fÃsico no equipo móbil. Isto simplifica o fluxo de traballo e facilita a captación de son sen fÃos con calidade profesional directamente nun iPhone.
Para activar esta funcionalidade é imprescindible contar coa versión máis recente do firmware nos dispositivos. A actualización debe realizarse obrigatoriamente mediante a versión de escritorio de RØDE Central (en Mac ou PC), xa que a aplicación móbil non permite instalar o firmware necesario para Direct Connect. Unha vez actualizados tanto o receptor como os transmisores, o seguinte paso é instalar a última versión de RØDE Capture desde a App Store e iniciar o proceso de emparellamento dentro da aplicación, que detectará automaticamente os transmisores dispoñibles vÃa Bluetooth.
Ademais da conexión directa, RØDE Capture incorpora ferramentas de control avanzadas desde a pantalla do iPhone. Entre elas destaca o axuste independente da ganancia de saÃda para cada transmisor, un elemento clave para garantir unha correcta xestión de niveis segundo o contorno de gravación. Esta opción permite adaptar o volume tanto en entrevistas con voces suaves como en ambientes máis ruidosos.
A aplicación tamén ofrece dous modos de rexistro de audio (modo combinado e modo separado) e o control do brillo dos LED dos transmisores (para adaptarse a condicións de pouca luz ou para reducir o impacto visual en cámara).
VÃdeo no que explican a nova actualización para os micrófonos de RØDE
