Mañá ponse á venda en España o Surface Pro
mércores, 29 de maio do 2013
- O Surface Pro presentouse esta mañá en Madrid
O tablet de Microsoft volve a estar de actualidade, pois
esta mesma mañá presentouse en España o seu modelo
con Windows 8 Pro, que mañá sae á venda no noso territorio a un prezo de 879
euros para o modelo con 64 Gb de almacenamento interno e por 979 euros para o
modelo con 128 Gb, o que contrasta co Xapón, onde
Microsoft optou por comercializar o Surface Pro en modelos con 128 e 256 Gb
por 99.800 e 119.800 iens respectivamente (762,18 e 914,92 euros).
- O tablet de Microsoft funciona cunha versión completa de Windows 8
O Surface Pro chega ao noso mercado ofrecendo moito máis que o seu predecesor,
que limitábase a sumar o Microsoft Office ás aplicacións destinadas para
tablets, mentres que este novo dispositivo é compatible con aplicacións informáticas
de escritorio, funcionando como un ordenador completo, polo que aspira a ser a
fusión ideal entre tablet e Ultrabook. O seu interior agocha un procesador
Intel Core i5 de terceira xeración con gráfica Intel HD Graphics 4000, 4 Gb de
RAM e unha baterÃa de 42 W-h (que por desgraza só achega unha autonomÃa dunhas
4 horas, por ter o equipo unha potencial moi superior ao Surface RT, que aguanta
unhas 8 horas); mentres que por fóra destaca a súa cuberta VaporMg e a súa
pantalla táctil de 10,6 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 pÃxeles,
contando tamén con 2 cámaras de alta definición (720p), altofalantes estéreo, USB
3.0 de tamaño completo, rañura para tarxetas microSDXC, porto Mini DisplayPort,
Wi-Fi N e Bluetooth 4.0.
Para que este equipo poida converterse nun portátil completo poden engadÃrselle
accesorios como a delgada Funda
Táctil (que custa uns 119,99 euros) e a Funda con
teclado (á venda por 129,99 euros), que non só integran teclados, senón que
incluso contan cun touchpad, o que permite trasladar a experiencia de uso dun
portátil tradicional, pero sen perder portabilidade (pois estamos ante
accesorios delgados e lixeiros que, ademais, protexen a pantalla do tablet).
- O Surface Pro poden converterse nun ordenador portátil grazas a unha funda con teclado