Manuel Ángel Alonso, novo director do Territorio Norte de Telefónica

mércores, 24 de febreiro do 2021 Redacción

O galego Manuel Ángel Alonso (Vigo, 1972) é o novo director do Territorio Norte de Telefónica España, que inclúe as comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra e A Rioxa.
Alonso, que reportará ao novo conselleiro delegado de Telefónica España e Movistar+, Sergio Oslé, ocupaba até o de agora o cargo de director de Administracións Públicas e Grandes Empresas do Territorio Norte. Dentro da compañía ocupou tamén, entre 2002 e 2010, a dirección territorial de Telefónica en Galicia e Asturias.
Enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Vigo, Manuel Ángel Alonso realizou tamén un Programa de Desenvolvemento Directivo no IESE (Instituto de Estudos Superiores da Empresa), e antes de integrarse en Telefónica asumiu distintas responsabilidades en empresas do sector TIC.

PUBLICIDADE