Mar Pereira inaugurou en Compostela o XI Seminario TIC para Grandes Empresas e Organismos

venres, 2 de marzo do 2012 Redacción

Mar Pereira na inauguración do XI Seminario TIC para Grandes Empresas e Organismos organizado por Ednon

Hoxe inaugurouse o XI Seminario TIC para Grandes Empresas e Organismos, organizado por Ednon unha compañía galega, radicada en Santiago, que factura anualmente 7,5 millóns de euros cunha un cadro de persoal de 100 empregados. As xornadas, reúnen esta fin de semana en Santiago aos representantes das principais multinacionais do sector tecnolóxico que operan en España Microsoft, Intel, Cisco, CommScope ou EMC xunto con representantes de 6 autonomías, deputacións e outras entidades públicas, ademais do Goberno de Panamá.
No acto inaugural participou a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, quen destacou que os esforzos que se están a realizar en materia tecnolóxica na Comunidade teñen como obxectivo final integrar as TIC en todos os ámbitos das sociedade e ao mesmo tempo converter a Galicia nun polo tecnolóxico de referencia.
A responsable do departamento autonómico indicou que para acadar este obxectivo Galicia conta, por unha banda, cun sector tecnolóxico que, aínda no contexto actual, está a demostrar a súa capacidade de crecemento e innovación e un gran potencial para impulsar a modernización de sectores tradicionais. Por outra banda, lembrou que a Administración autonómica está a desenvolver proxectos tecnolóxicos para mellorar os servizos públicos e adaptalos ás necesidades da sociedade da información, que contribúen a dinamizar o sector tecnolóxico.
A secretaria xeral fixo especial fincapé na posta en marcha este verán do Centro de Proceso de Datos Integral da Xunta, como unha infraestrutura tecnolóxica de altas prestacións que permitirá ao sector público desenvolver proxectos innovadores que contribúan a dinamizar o sector TIC da Comunidade. Ademais a consolidación desta infraestrutura, que dará servizo a toda a Administración autonómica, concellos, deputacións e universidades, permitirá un aforro anual de 3 millóns de euros.
Tamén destacou a extensión de infraestruturas de novas tecnoloxías por todo o territorio galego que se está a realizar a través do Plan de Banda Larga da Xunta e que xa dotou de acceso á rede a más de 422.000 galegos que carecían deste servizo. O Plan está a mobilizar 236 millóns de euros de investimento, 80 deles públicos.

Algúns dos asistentes ao seminario organizado por Ednon

PUBLICIDADE