Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Marine Instruments colaborará na limpeza dos océanos coas súas boias smart
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Marine Instruments colaborará na limpeza dos océanos coas súas boias smart

Fernando Sarasketa
Publicado: 31/08/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

marine_instruments_boias.jpgMarine Instruments, empresa galega centrada en innovación e tecnoloxías marítimas, vai colaborar activamente nun dos proxectos referenciais, a nivel internacional, para loitar contra a contaminación mariña con medidas efectivas e eficaces, The Ocean Cleanup. A firma de Nigrán participará cos seus sistemas de localización vía satélite, achegando barreiras flotantes para apañar plásticos e outros refugallos que se desprazan polos océanos seguindo pautas coas correntes mariñas. Estas boias determinarán o emprazamento exacto das barreiras flotantes de The Ocean Cleaup e terán entre os seus cometidos subministrar aos buques, vía satélite, datos en tempo real (xeolocalizados) para que aqueles acometan a súa retirada.
Segundo lembra SOGAMA, as boias de Marine Instruments foron desenvolvidas en orixe para a pesca de atún e logo atoparon novos usos noutros contextos, como por exemplo na prevención de ataques de quenlla en Australia e Illa Reunión, onde serviron para enviar alertas cada vez que os ditos peixes picaban nun anzol específico, posibilitando a marcaxe do escualo e controlar se se aproxima á zona de bañistas. Segundo puidemos saber, dende a implantación do sistema non se rexistraron ataques de quenllas nas ditas contornas.
Volvendo aos traballos a desenvolver para The Ocean Cleanup, os sistemas da empresa galega complementarán unha rede de 50 barreiras flotantes, disposta coa idea de servir de colleitador xigante de refugallos marítimos.
A día de hoxe, a organización internacional The Ocean Cleanup (formada por máis de 70 enxeñeiros, investigadores, científicos e modeladores computacionais) está investigando a masa total de residuos plásticos e a súa distribución polos mares, e ten previsto realizar unha expedición de limpeza a gran escala no Pacífico que arrancará o vindeiro mes de setembro coa pretensión de retirar, nun período de cinco anos, a metade do plástico nesta zona.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?