Max estréase chegando a operadores como R
martes, 21 de maio do 2024
A conta atrás para a transformación de HBO Max en Max rematou, facéndose oficial o novo esquema de prezos do servizo de streaming á vez mudou radicalmente o xeito de comercializarse en España, xa que aÃnda que para os usuarios de Vodafone TV o servizo manterase (aÃnda que reducindo prestacións para os subscritores actuais), a grande novidade para moitos consumidores é que a transformación da plataforma de vÃdeo baixo demanda libéraa da exclusividade con Vodafone, chegando a máis operadores de telecomunicación, como R, que agora pode achegar os contidos de Max aos seus clientes.
Os clientes de R que conten co combo infinito poderán probar de balde Max durante 3 meses, e tras este perÃodo promocional poderán continuar a súa subscrición a un prezo de 8 euros/mes (en vez dos 9,99 euros/mes que custa o plan estándar se o contratamos pola nosa conta).
A oferta de contido de Max bota a andar cun catálogo audiovisual moi semellante ao de HBO Max, cun cambio significativo: a incorporación de contidos deportivos. Unha parte dos deportes están dispoñibles para todos os clientes sen custo adicional, aÃnda que para poder acceder á oferta deportiva completa será preciso contratar un complemento que custa 5 euros/mes.
- R está a integrar Max na súa oferta audiovisual