Medra o uso de tecnoloxías de intelixencia artificial por parte das empresas galegas
martes, 18 de outubro do 2022
As tecnoloxías disruptivas están cada vez máis presentes nas
empresas galegas, e como mostra vemos que o
10,9% das empresas galegas de 10 ou máis traballadores emprega algunha
tecnoloxía de Intelixencia artificial, o que sitúa a Galicia no quinto
posto do ranking por comunidades autónomas, por diante de Andalucía ou o País
Vasco. Isto supón un ascenso no posicionamento de Galicia no contexto estatal,
avanzando do noveno posto do ano anterior ao quinto, tras experimentar un
crecemento do 50% no último ano.
Entre as empresas galegas que empregan Intelixencia
artificial, cabe salientar o seu uso para a xeración de linguaxe natural (3º
posto no ranking estatal) ou tecnoloxías que permiten o movemento físico das
máquinas a través de decisións autónomas baseadas na observación do entorno,
como robots autónomos, vehículos autónomos, drons autónomos... (4º posto no
ranking por comunidades autónomas)
A incorporación dos especialistas TIC ás empresas galegas de
10 ou máis traballadores é outro dos indicadores que mostra o grao de
dixitalización do tecido empresarial galego: o 14,1% conta con especialistas
TIC e, neste tramo empresarial, é a cuarta comunidade autónoma con máis
especialistas TIC en Intelixencia artificial.
O 11,4% das empresas galegas de 10 ou máis traballadores
analizou big data, experimentando un crecemento do 21,8% no último ano.
Ademais, o 7,72% emprega a robótica, en valor practicamente idéntico á media
estatal.
Esta son algunhas das conclusións que se extraen da enquisa
sobre O uso das TIC e do Comercio electrónico nas empresas 2021/2022
publicada hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e que vén de
analizar o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de
Galicia (OSIMGA), adscrito á AMTEGA.
<tronaitalización das empresas galegas de 10 e máisempregados
As empresas galegas de 10 e máis empregados son líderes no
uso do software libre co 86,7%, superando en 4,5 puntos a media estatal.
As empresas galegas tamén incorporan á súa xestión as
vantaxes do teletraballo e o traballo remoto. O 48,7% das pemes e grandes
empresas galegas leva a cabo reunións remotas, ocupando o sexto lugar no
ranking estatal.
En Galicia, o 95,7% das empresas de 10 ou máis traballadores
dispoñen de conexión a Internet fixa e o 88,7% ten contratada banda longa
móbil. No último ano aumentou un 6% a porcentaxe de empresas de 10 ou máis
empregados con conexión a internet de banda ancha de máis de 100 Mbps, acadando
xa o 71%.
Dispoñibilidade de web e redes sociais
As empresas de menos de 10 empregados de Galicia seguen a
superar a media estatal no uso de medios sociais, no que acadan a sexta
posición a nivel estatal. O 30,7% destas empresas xa dispoñen de páxina web,
ocupando así o cuarto lugar entre todas as comunidades autónomas.
A contratación de Internet entre as microempresas galegas
sitúase no 80,3%. Entre as empresas con conexión á Internet, un 87% opta pola
banda larga móbil, superando a media estatal en 4,22 puntos porcentuais e
experimentando un crecemento do 10,3%.