MeigaSoft mostrará as novidades do seu sistema de xestión Velfix ante medio cento de empresas
luns, 11 de febreiro do 2019

- Público asistente a unha das presentacións previas de Velfix da man de MeigaSoft
Este
15 de febreiro vaise celebrar no Hotel Porta do Camiño de Santiago
unha nova xornada empresarial para dar conta das novidades de
Velfix.es, o novo produto de
MeigaSoft, firma tecnolóxica
emprazada no Polígono de Milladoiro (Ames) e que centra boa parte da
súa actividade no desenvolvemento de programas avanzados de xestión,
sistemas de puntos de venda, tendas en liña ou marketplace. Á
xornada Velfix xa é unha realidade está previsto que acudan
máis de medio cento de empresarios.
A
cita conta ademais co patrocinio da empresa Sequra, especializada en
pagos por Internet e pago para comercios, e coa colaboración da
firma Ekomi, referente en valoracións de servizos e produtos para as
tendas online.
Segundo
informa MeigaSoft, a xornada ten un obxectivo duplo. Por unha banda,
presentar as novidades que vai ter o produto Velfix.es para 2019,
enfocadas a lograr que o comercio galego sexa cada vez máis
competitivo e aumente a súa presenza no mundo en liña. Por outra
banda, pero tamén co obxectivo de aumentar a rendibilidade e
fortaleza dos seus clientes, Meigasoft anunciará os seus acordos de
colaboración con dúas grandes empresas de presenza internacional
que achegarán, nas súas palabras, “moito valor aos empresarios
galegos”. Trátase das devanditas Sequra e Ekomi.
Como
dixemos, a xornada ten a previsión de reunir a máis de 50 comercios
referentes na venda offline / online, que xa traballan con
Meigasoft e teñen contratado o produto Velfix, que lles permite
facer cousas tan relevantes como xestionar a súa tenda física e as
súas tendas dixitais ademais de poder vender nos marketplace
(Amazon, Spartoo, Ebay ...). Trátase, en palabras de MeigaSoft, “dun
produto global que inclúe un programa de xestión para puntos de
vendas TPV, unha tenda online profesional e sistemas para a
integración nos portais de vendas”.
A
xornada dividirase en catro partes co comezo da conferencia ás 11:00
da mañá. Abrirá as quendas Norman Benzoni, director de
mercadotecnia en MeigaSoft, explicando as novidades tecnolóxicas e a
nova solución para o comercio Velfix. Seguirá Miguel Ángel López,
responsable de vendas en Sequra, sistema avanzado de pagos para
ecommerce e tenda física para incrementar vendas, conversión,
tickets e reducir abandonos de carriño. A continuación será a
quenda de Alvaro Blanco, responsable para España da empresa Ekomi,
referente en valoracións certificadas dos servizos e produtos para
os comercios online. Pecharase a xornada cun cócktail
entre convidados e relatores.
