Meizu presenta un novo smartphone con pantalla de 6 polgadas
martes, 6 de setembro do 2016
O rival máis directo de Xiaomi, Meizu, tamén quere competir
nos terminais de grande tamaño, e así vén de lanzar o Meizu M3 Max, un smartphone
con carcasa metálica que cunha pantalla IPS Full HD de 6 polgadas quere gañarse
ao público que busca grandes pantallas para unha lectura máis confortable
(deixando nun segundo plano a ergonomía do terminal).
Este enorme teléfono funciona cun procesador MediaTek Helio P10 de 8 núcleos a
1,8 GHz, 3 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno (ampliable mediante
tarxetas microSD de até 128 GB) cámaras de 13 e 5 Mpíxeles, dobre SIM, lector
de pegadas dixitais frontal e unha batería de 4.100 mAh que promete unha longa
autonomía (até 9 horas de uso intensivo ou até 10,2 horas de reprodución de vídeo)
e carga rápida.
O novo smartphone sae á venda esta mesma semana a un prezo de 1.699 iuans (227,79 euros), e non sería sorprendente que
en poucos meses chegue a España a través de cadeas de tendas de telefonía móbil
e electrónico de consumo como acontece con outros terminais da compañía (algo
no que Meizu ten unha grande vantaxe con respecto a Xiaomi).
- O novo smartphone de Meizu ten un deseño coidado, grande pantalla e boa autonomía, elementos cos que pretende gañarse ao público